martes, abril 25, 2006

DE CANS E GATOS......¿OU NON?

Eu xa o dixera, os do BNG e o PSG-PSOE na nosa cidade son coma a auga e o aceite, o mais ben como un can e un gato, e as probas témolas todos os días.
Todos nos vimos o único feito verdadeiro nesta historia: non se entenderon ni son quen de se entender, o próximo ano debemos telo moi presente a hora de votar porque nada bo traería para esta cidade un goberno de coalición entre ambas forzas.
A ambos, como xa tivera ocasión de dicir pero os acontecementos fan que deba dicilo de novo, non lles preocupa nin ocupa as viguesas e os vigueses, só teñen unha cousa na cachola: que o PP non destaque e non faga cousas pola cidade, que coma eles din non se consolide a nosa Alcaldesa Corina Porro e claro é, pensando só no proceso electoral do 27 de maio de 2007. Son coma o can do hortelano non son quen de comer, pero tampouco o deixan facer os demais.

miércoles, abril 19, 2006

OS BICEFALOS A CARGA COAS DEPUTACIONS

E volta a carga coas Deputacións. Os do PSG-PSOE e os do BNG non teñen mais imaxinación, ni mai fixación que intentaren acabar cos organismos provinciais, pero non pensen que buscando o interese cidadán, senón tentando eliminar da faz galega o que eles pensan é a mosca molesta da Xunta de Galicia.
Non é por ser malpensado pero ¿alguén pensa que os socios bipartitos plantexarían a súa desaparición se gobernasen en mais, en lugar de gobernar nunha das catro institucións provinciais?, pois claro que non.
Entón ¿cal é o verdadeiro problema? Na realidade son 3: a falta de goberno en 3 deputacións, a perspectiva de que nas próximas eleccións municipais igual quedan sen ningunha polas enquisas que manexan, e polo mais importante, porque as deputacións están a deixar en evidencia a falta de compromiso da Xunta de Galicia cos pobos da nosa terra, porque en moitos lugares a Xunta partidista está a esquecer os cidadáns e é só polo esforzo inversor das deputacións polo que se están a desenrolar e iso, claro é, molesta os do bipartito.
O tema da Área Metropolitana é só a desculpa para ocultar os motivos os que aludía antes, porque o certo é que as competencias da A.M. en nada ten que interferir nas da Deputación. Unha vez mais os bicéfalos (PSG-PSOE e BNG) malmetendo e mentindo coma sempre.

martes, abril 18, 2006

PRIMEIRO TRABALLEN POLOS GALEGOS

Na nosa terra parece que esteamos a soñar o algo peor, que vivamos no limbo, e así actúa a Xunta bicéfala con nosa cidade, en moitos aspectos, dando as costas os vigueses.
Hoxe no Parlamento Galego rexeitando o proxecto de Lei de Area Metropolitana que tiña o maior dos consensos, nada mais e nada menos que 14 Concellos dacordo, que xa tiña superado os trámites parlamentarios na anterior lexislatura, tendo incluso o voto a favor do Sr. Touriño, pero que agora non lles vale, e iso que incluso os do BNG da comarca reclaman como seu o proxecto, pero non, é o do non polo non unha vez máis, cunha Xunta que non esta a facer nada por nos, moi a contra está a quitar cousas que favorecían os galegos e por tanto os vigueses.
Mentres o Sr. Quintana afirma agora que quere novas competencias, incluso a de tráfico, di que así se reducirían os mortos nas estradas (afirmación que nin el se a cree), pero mentres: ¿quen se preocupa das nosas infraestructuras?, ¿para cando o AVE coa Meseta?, ¿para cando a nova Autovía que debería unir Vigo y Pontevedra?, ¿para cando os presupostos Xerais do Estado reflectirán o que o Plan Galicia debería significar para a nosa terra?.
O PSG-PSOE e mailo BNG só traen interrogantes as nosas vidas, teñen olvidada a nosa terra, son desleais con nos, e só están en rifas entre eles, co termo nación no medio.

SI O PLAN DE PARROQUIAS


Desleais con Vigo, así actúan aqueles que non sendo capaces de entenderse, no son quen hoxe de ser leais con un goberno local como o de Vigo que só busca a mellora cidadán, que só busca o mellor para as viguesas e os vigueses pero que atopa o seu freo na deslealdade de aqueles que só buscan un rédito político, o de seren segundos o terceiros na cita electoral do próximo 2007.
A nosa alcaldesa acada o máximo dos consensos coa Federación Veciñal no chamado Plan de Parroquias no que se quere investir 17 millóns de euros, pero claro co PSG-PSOE e co BNG atopámonos os que non foron quen de entenderse e non son quen de ser leais a cidade, queren por freo o desenrolo do chamado rural de Vigo.

martes, abril 11, 2006

IMOS APOIAR OS ACTOS DA SEMANA SANTA VIGUESA

Estamos nunha desas semanas nas que os galegos obviamos as nosas inquedanzas e aproveitamos para procurar o lecer.
É un auténtico motivo para felicitar o noso Concello o apoio prestado no relanzamento das nosas tradicionais procesións do Xoves e o Venres Santo, e así os no ten dito os propios organizadores quenes sinalaron que o apoio é máximo. Pero tamén temos que enchernos de ledicia co feito de que existan viguesas e vigueses preocupados pola recuperación da memoria das nosas tradicións tan esquecidas nos últimos anos, e que estaban a precisar do apoio das institucións.
Pero agora tócanos a nos, os cidadáns, temos que saír as rúas os vindeiros xoves e venres e encher as beirarrúas, temos que
comezar a facer cidade, que así tamén se fai, e pensar no potencial que ten para a visita dos turistas o apoio dos de casa. Saiamos a dar as grazas os organizadores da Semana Santa viguesa, e disfrutemos con ledicia da mesma.

miércoles, abril 05, 2006

TOURIÑO: AREA METROPOLITANA DE VIGO XA

Agora o Presidente da Xunta coma se dun mal xogador de fútbol se tratara, veña a botar balóns fora. Hoxe co tema da Area Metropolitana de Vigo. ¿Acaso vainos negar o sr. Touriño a existencia dun consenso evidente en torno o proxecto que presentara o Partido Popular co apoio de os 14 alcaldes da zona de todas as cores posibles?
Pero é que ademais do apoio dos 14 concellos, o texto tiña incorporadas as enmendas que no seu día presentaron tanto o PsdeG-PSOE como o BNG. Dende logo parece unha cousa de tolos, se non fora porque se esta a privar os cidadáns da mais populosa zona de Galicia dunha mellor xestión dos servicios públicos.
Os vigueses non somos idiotas, nin sequera o facemos, e só pensamos que a Xunta bicéfala estanos a enganar, e non é por mal pero parece que non lles agrade o despegue de Vigo, e por riba de todo, e non o debemos esquecer, parece non lles agrada a mellora do benestar de todos os veciños (mais de 400.000) que forman a gran area urbana da primeira potencia económica galega, e dende logo o seu futuro así ten moitos riscos.
SR. TOURIÑO AREA METROPOLITANA XA.......... PASALO

MAGDALENA NON NOS TEÑAS MANIA FAINOS AS OBRAS DUNHA VEZ

Xa o apuntei onte, e agora sae en forma de noticia na Voz: o Minsterio de Fomento dirixido pola anti galega Magdalena Alvarez non ten garantida a unión entre Pontevedra e Vigo por autovía para o 2010, parece ser que temos que esperar, o que non din é canto, pero eu por si as moscas voume mercar unha cadeira ven cómoda, porque queridos amigos a esperar nos toca.
Dáme na nariz que leva o mesmo camiño que o AVE e demais, e non é de mais recordar as verbas da insigne Ministra cando dixo aquelo de “Plan Galicia de Mierda”........ Os feitos están a converter as verbas en feitos pola falta de interese, de presuposto e de vergoña por parte do “goberno amigo”. ¡Menos mal que é amigo que se non!.

martes, abril 04, 2006

MENUDA CAMPAÑA ELECTORAL MAIS CARA A DO PSG-PSOE

O do Psg-Psoe éche de risa, a imaxinación o poder. Xa era hora da famosa solución a peaxe de Rande ¿pero a costa de todos os galegos?, isto e demasiado. Os galegos imos pagar ata o 2048 o xesto electoral dos do PSOE para a nosa terra. ¿Non era mais normal que se pagará só ata o 2010 xa que nesa data debería estar rematada a nova autovía Pontevedra – Vigo, existindo dende entón unha alternativa viaria a autoestrada? Pois non, como pagamos todos os galegos a campaña electoral do PSG que mais da.
Se o cálculo é que o dispendio da Xunta ascenda os 185 millóns de euros ata o 2048, nesa cifra mais o menos sáenos a bromiña. ¿Cantas cousas poderían facerse con esa cantidade?
Os da Xunta e mais o Goberno Central farán a autovía se supón, ¿o non? Como liquidaron o Plan Galicia, a saber.