sábado, agosto 05, 2006

TOURIÑO E CARIDE ENCONTRA DE VIGO

Unha vez mais demostrouse o talento e mailo talante do Sr. Touriño, e tamén da conselleira que din é de Vigo a Sra.. Caride e tamén, porque non dicilo, demostrouse o nulo peso no bigoberno galego do BNG e dos seus líderes, que nin pintan ni nada de nada.

O que están a facer co Plan Xeral da nosa cidade é un atentado os intereses dos vigueses enmascarado no medio ambiente, algo non encaixa quizá sexa polo feito de que o PSG-PSOE en Vigo foi a única forza na beirarrúa de enfronte, e que representan o “non polo non” sen mais. Pero o ben certo é que a Xunta de Galicia, aquela que ía traer a Vigo a consellería de Pesca (por certo ¿onde está), aquela que ía dotar xudicialmente a nosa cidade como se merece (por certo ¿onde están as novas dependencias xudiciais?), aquela que ía convertir Vigo na xoia de Galicia como ten dito o sr. Touriño, vexe atacada nos seus intereses polo propio que levantou o pendón dicindo que ía defendela por riba de todo.
Touriño enganounos e os vigueses imos recoñecéselo onde corresponde, nas furnas o ano que ven, xa está ben sres. Xunteiros de que tomen o noso pelo, non o imos permitir endexamais.