martes, mayo 30, 2006

¿GRATIS VIGO -PONTEVEDRA? TOURIÑO NON CHE O CREO


Xa o dixen o outro día, as eleccións están cerca, e chéirase no ambiente. Hoxe mesmo o Sr. Touriño vai a Pontevedra e di que en catro anos adeus a peaxe para ir de Pontevedra a Vigo. O falar non ten cancelas ¿cando? ¿cómo? ¿o qué? Todo sen resposta, nin prazos, nin proxectos ni nada de nada, só unha promesa electoral máis, visto o visto.
Eu pensara que o Plan Galicia tiña prevista unha autovía entre Pontevedra e Vigo e agora salta un dos siameses cun tema que di é de dedicación diaria. ¿Seguro? O único certo é que hasta a data a Autovía non ten avanzado nada, ni proxecto, nin presuposto, nin vontade política; e mentres a peaxe de Rande eliminouse, pese o cal a peaxe Vigo – Pontevedra mantén o mesmo custo, e non sabemos se as negociacións que din ten, cunha reunión en Madrid incluso.
Fala Touriño dos primeiros pasos para a súa liberalización. ¿Cales son eses primeiros pasos? Penso que non é mais que fume electoral tanto nas cidades de Vigo como en Pontevedra.
Xestos son amores e non boas razóns. Por certo, dentro de un ano son as eleccións municipais, e en tres anos no 2009, se non son antes, teremos eleccións autonómicas, por iso que os prazos dos que fala o Presidente da Xunta son máis ca sospeitosos, ¿ou non?.

sábado, mayo 27, 2006

A CONTA ATRAS


Hoxe comeza a conta atrás, faltan 364 días para as eleccións municipais e xa podemos dicir que o ambiente é mais que electoral.
Tamén, xa estamos a escoitar e ver a actividade submarina do goberno siamés na contra das viguesas e vigueses. O triste é que pensan que están a amolar os que agora gobernan con Corina Porro a fronte, pero o ben certo é que a quen amolan é a todos nos. Temos que exisir a Xunta lealdade institucional con a nosa Cidade, temos que ter presente que non somos parvos de baba os que enganar cando ós políticos de quenda lles peta, somos cidadáns informados dabondo, que sabemos o que queremos e sabemos quen fai a cousas, e quen é quen de preocuparse e ocuparse da nosa cidade a marxe de partidismos absurdos, sabemos dabondo que a nosa Alcaldesa só ten Vigo e mais Vigo na mente.
Xa o dicía antes faltan 364 días, teñámolo presente, e sexamos quen de dicirlle os da Xunta siamesa que non vainos enganar, fagan os seus deberes, e non especulen con Vigo.

viernes, mayo 19, 2006

PXOM PARABENS - PSOE NA BEIRARRUA DE ENFRONTE


Hoxe estamos de parabenes, despois de tantos avatares por fin chegou o tan demandado día da aprobación provisional do Plan Xeral na nosa cidade, Plan que é aprobado cun amplísimo consenso nada mais e nada menos que por 19 dos nosos corporativos fronte os do non polo non, os membros do PSG-PSOE que coma sempre están na beirarrúa de enfronte alleos a maioría do Concello e facendo mala política partidista, non pensando en Vigo e nas viguesas e vigueses.
Unha cousa é certa o PXOM axudará a mellorar a calidade de vida de todos os vigueses, xerará emprego, facilitará o acceso á vivenda e axudará a protexer o medio ambiente, axudará tamén o crecemento da nosa cidade e iso é moi importante para o seu futuro, sen crecemento nin Vigo ni indirectamente Galicia converxerán coas autonomías mais avanzadas e ricas de España, e é claro que o plan aprobado provisionalmente hoxe axudará como factor moi importante a acelerar dita converxencia.
Os do non, é dicir os do PSOE, soamente podemos pedirlles lealdade coa decisión dos representantes das viguesas e os vigueses e que polo tanto non intenten facerlle a cama na Xunta o tan ansiado, necesitado e esperemos en pouco tempo acadado PXOM.

miércoles, mayo 10, 2006

PLAN PARROQUIAS: UNHA ALCALDESA CON VIGO


O venres parece imos ter o famoso pleno do plan parroquias. Os da oposición como aquel don erre que erre, nas súas. O mais estraño é que o BNG e a Federación Veciñal (FV) non se poñan dacordo, parece que por un intre o mundo esta ó revés por aquelo da postura clásica de apoio da FV os partidos da esquerda, pero o ben certo é que a Alcaldesa está a demostrar que cando se goberna por Vigo, para Vigo e con Vigo, sobre todo isto, dan o mesmo as cores políticas, non existen dereitas, nin centro, nin esquerda, soamente existe o interés cidadán, e Vigo moito Vigo.
Dende logo son das que pensa que os do PSOE e mailo BNG teñen moito que aprender desta actitude, e deixar dunha vez as súas miradas partidarias e insolidarias coa cidade. Sr. Toba, Sr. Ruiz inda queda un ano para o 2007.

lunes, mayo 08, 2006

SR. TOBA ACONSELLE MELLOR OS DA CIG

O Sr. Toba esta mañá facéndolle recomendacións a patronal, coma din eles, na solución do conflicto do metal na nosa cidade. Vexe moi ben onde van os tiros dos membros do BNG, dende logo non ten pensado que o enquistamento dun conflicto non é cousa dunha soa parte, senón que todos os intervintes ten o seu.
Sr. Toba non é cuestión de que ceda a patronal, é cuestión de que todos estean dispostos a ceder o seu, e eiquí polo visto hoxe, o radicalismo e o vandalismo soamente o pon os traballadores (non todos claro é), axitados en non poucos casos polos propios sindicalistas da CIG tal e como temos visto na televisión megáfono en man, e que eu coñeza, moito ten que ver o CIG co BNG ¿ou non?
Boten o freo o radicalismo, que as viguesas e os vigueses non temos porque soportar o que está a acontecer. Eu digo ben forte que si o dereito a folga, pero coa mesmo tamén berro “non” a intolerancia e o vandalismo.
Sr. Toba non de tantos consellos os empresarios, e colla da man os seus da CIG e recoméndelles o menos non estraga-lo mobiliario do Concello do que vostede forma parte tamén.

jueves, mayo 04, 2006

¿FOLGUISTAS OU VANDALOS?

O vandalismo non e propio dunha sociedade moderna e civilizada. Os feitos desenvolvidos polos manifestantes onte, non só non ten sentido, senón que son ofensivos para toda a sociedade. Paréceme moi ben que fagan uso do seu dereito a folga, ala cada quen co seu diñeiro, pero o que non é de recibo, o que vai en contra da convivencia, é o aproveitamento da folga para atacar, porque é o que no fondo fan, ó resto dos cidadáns. Nin o mobiliario público, nin os periodistas, nin os vehículos estacionados na rúa, ni nos, como viguesas o vigueses, temos porque sufrir o desenfreo vandálico dalgúns que non entenden que pódense reivindicar as cousas de forma pacífica e con educación. ¿Son estes os que o primeiro de maio reivindicaban a paz? Pois non se lles nota.

miércoles, mayo 03, 2006

¡VIVA O AUDITORIO!


Gustoume a foto, que viña hoxe nos diarios, da nosa Alcaldesa cos responsables do que será por fin o Auditorio de Vigo. Témolo preto, o derribo comezará nuns días e a obra a continuación, e a mellor noticia que o fin da obra previsto para o ano 2008, seis meses antes do inicialmente dito, os vigueses e as viguesas imos ter o tan demandado Auditorio da nosa cidade, o Auditorio de Vigo, éncheseme a boca o dicilo.
O certo é que pensalo emociona, o día de onte foi histórico para a nosa Cidade, pois coma di o refraneiro mais vale tarde ca nunca, e por fin o imos ter. No ano 2009 celebramos o bicentenario da Reconquista que mellor que poder celebralo xa no novo Auditorio.