jueves, junio 29, 2006

ONDE ESTA O AVE.............

Onte fun a estación do tren a recoller o meu marido e a miña filla e mira por onde cando descende do ruidoso tren, a pesar da súa curta idade va e pregúntame ¿mami é este o AVE? O certo é que entroume a risa, e non pude por mais que cantala aquelo de “Onde está o AVE Matarile rile rile, onde está o AVE Matarile rile ro........ Non o queren traer os amigos socialistas, non o queren traer ata ó menos o 2010......”
As carcajadas da miña filla todavía é hoxe cando as escoito, tronchouse pero o triste de todo iso é que é certo, que nos están a enganar os Sres. Do Goberno Central e mailos señores da Xunta de Galicia, que senón me trabuco pertencen o PSOE, o mesmo PSOE que no Parlamento de Galicia non apoia a apertura da Comisión de Seguimento do Plan Galicia, e que no Parlamento español rexeita, dentro do Debate do Estado da Nación, unha emenda do Partido Popular, a instancia do PPdeG, que propoñía someter a información pública o estudio informativo do AVE Vigo-Ourense (por Cerdedo) para que estea licitado como proxecto e obra ao longo de 2007.
Míntenos os vigueses, menten os galegos, e nos non queremos un goberno que nos minta ¿non era así?.
Penso que como vai a cousa soamente equivoqueime nunha cousa na canción que lle cantei a miña filla: “na data”, como sigan a gobernar estes non teremos o AVE NUNCA.

miércoles, junio 28, 2006

COIDADO ¡RÓUBANOS A CAPITAL!

Agora co do xulgado do mercantil, os avogados capitalinos ameazan coa saída as rúas na defensa din da capitalidade ¡Quérenola roubar din! A queren levar para Vigo, estes vigueses coma son. O seu decano di en declaracións lidas na Voz de Galicia que existe «riesgo real de que Pontevedra pierda su capitalidad si se instala el tercer juzgado de lo Mercantil de la provincia en Vigo». Non o podo crer, frótome os ollos, rasco a caluga e estou desperto, que terán que ver as churras coas merinas, ou o touciño coa velocidade. Ninguén (salvo o PG) a reclamado a capitalidade para a nosa cidade, ninguén pide mais do que lle corresponde, é dicir que nunha cidade, o mellor dito nunha area metropolitana de facto de mais de 450.000 habitantes, sendo o motor económico de Galicia, a área que maior número de empresas ten, se teña acceso os servicios xudiciais sen necesidade de desprazarse a trinta kilómetros, se teñan dotacións xudiciais acorde coa realidade social e económica, e mais nada.
Son das que pensa que o mellor nesta vida e ir coa verdade por diante, e os avogados da capital da provincia non están a defender a capitalidade coma se dos heroes de Sampaio tratárase, nin sequera penso teñan copia do famoso cañón de pau, defenden o seu negocio, o seu parné o cal non soamente e moi lexítimo senón que é normal, agora ben tamén teñen que comprender que os que traballan no mesmo negocio defendan o seu. Por iso con todo o afecto dígolle o compañeiro Artime que durma tranquiliño que polo de agora a capital sigue sendo Pontevedra, e iso non o vai trocar un xulgado do mercantil.

viernes, junio 23, 2006

¡MANDA CARALLO, XA FAI UN ANO!

!Xa fai un ano¡, e parece que foi onte cando as furnas, e agora non sabemos se realmente os galegos e as galegas da diáspora, como se lles ten dito, inclinaron a balanza electoral o carón dunha fórmula siamesa ou bipartita, que visto o visto nada bo trae a nosa terra se non é a parálise, a falta de iniciativa e o efectismo electoralista.
O ben certo é que a balance non pode ser mais ca negativa, só o feito do mais atroz revisionismo dos plans de actuación da anterior Xunta presidida polo Presidente Fraga foi obxectivo dun ano de goberno. ¿Proxectos? Ningún; ¿Promesas cumpridas? A liberalización da peaxe de Rande e A Barcala a costa de todos nos, e penso que pouco mais.
A Xunta discrimina as galegas e galegos co das peaxes, os datos están aí: se eu vou de Vigo a Pontevedra pola autoestrada directamente pago unha pasta 2,65 €, pero se eu desvíome a saída da Ponte de Rande a Cangas dou a volta na rotonda e volvo a entrar na autoestrada seguindo a Pontevedra o aforro é de 125 pesetas. ¿É incrible, o non é incrible?
Hoxe mesmo almorzamos con feito de que o tan demandado Xulgado do Mercantil para a cidade de Vigo non ten data, ¿a Xunta que está a facer para solucionar a problema?
A Alta Velocidade ferroviaria ven lenta, lenta, lenta, e o único que se lle ocorre o Vicepresidente da Xunta, ou presidente consorte, é dicir que a culpa é do goberno do PP. É incrible a falta de iniciativas, estar no goberno como sexa leva a non facer os deberes, menos mal que o goberno de Madrid como din eles é un goberno amigo, que se non. ¿Qué fai a Xunta para solucionalo? ¿Onde está o Plan Galicia? ¿Están de acordo ca Ministra do Caurel co cualificativo de P. G. de mier.....?
Prometeu Touriño trasladar a Consellería de Pesca a cidade de Vigo pero eiquí non a vemos por ningures, unha vez mais o PSG-PSOE tomounos o pelo as viguesas e vigueses. ¿Ou acaso foi un pouquiño mais de fume?
Onde están os plans de emprego xuvenil, onde están os plans de apoio a adquisición de vivenda, onde están os plans de apoio as industrias, ec, etc......
¿Qué está a afacer a Xunta dos PSG – BNG por nos? Nada, estanse a liar na resolución da mellor fórmula para a definición estatutaria da nosa terra, estanse a comportar como colexiais ocupándose de cousas que non preocupan os galegos por estar xa resoltas, toda vez que Galicia é tal e como a define a Constitución unha nacionalidade histórica, e están a olvidar os problemas reais de todos nos, facendo soamente propaganda, propaganda e mais propaganda, pero ¿onde están os feitos?

miércoles, junio 14, 2006

O PSOE VIGUES ESTOUPOU

O final estoupou. O do PSG-PSOE en Vigo xa se viña vir, e eu xa o advertira outras veces. O PSOE na nosa cidade é un partido desfeito, sen rumbo claro, onde as correntes saen por todas as esquinas, e onde cada quén rema para a súa parte sen pensar na cidadanía, sen pensar nas viguesas e vigueses, que o fin o cabo son os que verdadeiramente deberían importar na tarefa de gobernar ou de querer ser goberno.
A casa dos lios e as liortas, uno que vaise pero outros que quedan, e o run run segue na rúa e os cidadáns o percibimos, o cheiramos, e parece que o mellor inda está por chegar, refírome o nomeamento do candidato a alcaldía, por que polo escoitado, lido e visto o do auto proclamado “alcalde do porto” non che gusta moito na militancia do psoe. Iso si mentres, tanto os de Santiago ou o mesmísimo Pepiño Blanco, a frotarse as mans, xa queda un menos no socialismo vigués.
E eu digo ¿son estes os que se presentan como substitutos do PP para gobernar a cidade? Pero si non son quen ni de gobernarse a si mesmos.

jueves, junio 08, 2006

FERETROS DE FERRO.... ¿NOVAS CASAS GALEGAS?


Gústame a liberdade, que cada quén poda elixir o mellor para a súa vida, o que non me gusta nada é a promoción pola promoción, e o digo pola Xunta de Galicia es os féretros de ferro que ten a ben a súa promoción como vivendas para mozos ou como oficinas para aqueles que comezan os seus proxectos empresariais como sedes sociais.
É incrible, o ben certo é que teño unha proposta que facer: trasladar os despachos das conselleiras e conselleiros a bidóns reciclados, e derrubar a vivenda presidencial e sustitui-la por varios bidóns, por aquelo de reciclar e aproveitar os féretros de ferro desbotados. Absurdo verdade, pois tanto coma que alguén use os diñeiros públicos neste tipo de políticas, nin os mozos somos idiotas, nin mercadorías a transportar.

miércoles, junio 07, 2006

¡AY TOURIÑO, TOURIÑO!


Agora a Xunta xa está de cheo na liorta electoral e nos coma sempre alleos a ela, pero claro, sen ter nada claras as cousas que ocupan e preocupan os cidadáns.
Toruiño só ven a nosa cidade a amolar como se soe dicir, en actos que di son institucionais pero que o ben certo é que son actos electorais do seu PSG. ¿Se foran institucionais non tiña que invita-la nosa alcaldesa? Pois non, o fan todo para mal meter como por exemplo co tema da nova depuradora, un tema vital para a nosa cidade nos que as administracións deberan ser quén de remar no mesmo rumbo, e que está sendo a utilizar política e electoralmente polo presidente Touriño. Inda enriba pon os veciños, a través do que parece será candidato a alcaldía o Sr. Caballero (polo visto soamente de apelido), en pé de guerra en contra do Concello e os seus responsables. Sexamos serios, estamos a falar dun proxecto cun caracter supramunicipal que ten que contar co apoio de todas as institucións non con zancadillas da Xunta o do Goberno Central, e que non debe ser motivo da rifa electoral.
Por certo Sr. Touriño ¿onde vai vostede ubicar la sede da Consellería de Pesca que prometeu viría a nosa cidade converténdolla en punto da confluencia das administracións en materia pesqueira? Ou, ¿acaso agora non lle interesa non vai cabrear a os santiagueses e coruñeses? Con vostede parece novamente que as promesas levounas o vento.