martes, febrero 14, 2006

¿PARA CANDO SEÑOR TOURIÑO?


No día de onte tivemos a visita dun dos presidentes da Xunta o do PSOE Sr. Touriño, e o certo e que como se sole dicir moita chicha e pouca lemonada. O de sempre nun estilo imitador do Sr. Rodríguez Zapatero a imitación do home tranquilo, con unha fala pausada, botando balóns fora de xogo, pero sen concreción, sen presuposto que ao fin e o cabo é o que os vigueses estamos a demandar: inversións, inversións e inversións, nada mais.
Primeiro o que tardou en vir a nosa cidade a mais importante de Galicia, e despois a santidade dunha xunta que tennos abandonados, e mira que criticaron a outros. Non todo nesta vida son verbas, Vigo está a precisar FEITOS, feitos que parece non chegan mais que pola vía da imaxinación do Sr. Toruiño. ¿Para cando a saída sur do AVE? ¿Para cando a nova autovía con o Porriño? ¿Para cando a ampliación do aeroporto e mailo porto? ¿Para cando o cuarto hospital? ¿Para cando a liberalización do tramo de Rande da autoestrada? ¿Para cando a baixada do custo da autoestrada con Pontevedra? ¿Para cando a lei de area metropolitana? ¿Para cando as novas dotacións xudiciais?........ Sr. Touriño son demasiados “para cando” os que temos plantexados os vigueses, e vostede só a falar, non ten feito hasta do agora nada.

No hay comentarios: