miércoles, junio 28, 2006

COIDADO ¡RÓUBANOS A CAPITAL!

Agora co do xulgado do mercantil, os avogados capitalinos ameazan coa saída as rúas na defensa din da capitalidade ¡Quérenola roubar din! A queren levar para Vigo, estes vigueses coma son. O seu decano di en declaracións lidas na Voz de Galicia que existe «riesgo real de que Pontevedra pierda su capitalidad si se instala el tercer juzgado de lo Mercantil de la provincia en Vigo». Non o podo crer, frótome os ollos, rasco a caluga e estou desperto, que terán que ver as churras coas merinas, ou o touciño coa velocidade. Ninguén (salvo o PG) a reclamado a capitalidade para a nosa cidade, ninguén pide mais do que lle corresponde, é dicir que nunha cidade, o mellor dito nunha area metropolitana de facto de mais de 450.000 habitantes, sendo o motor económico de Galicia, a área que maior número de empresas ten, se teña acceso os servicios xudiciais sen necesidade de desprazarse a trinta kilómetros, se teñan dotacións xudiciais acorde coa realidade social e económica, e mais nada.
Son das que pensa que o mellor nesta vida e ir coa verdade por diante, e os avogados da capital da provincia non están a defender a capitalidade coma se dos heroes de Sampaio tratárase, nin sequera penso teñan copia do famoso cañón de pau, defenden o seu negocio, o seu parné o cal non soamente e moi lexítimo senón que é normal, agora ben tamén teñen que comprender que os que traballan no mesmo negocio defendan o seu. Por iso con todo o afecto dígolle o compañeiro Artime que durma tranquiliño que polo de agora a capital sigue sendo Pontevedra, e iso non o vai trocar un xulgado do mercantil.

No hay comentarios: