viernes, junio 23, 2006

¡MANDA CARALLO, XA FAI UN ANO!

!Xa fai un ano¡, e parece que foi onte cando as furnas, e agora non sabemos se realmente os galegos e as galegas da diáspora, como se lles ten dito, inclinaron a balanza electoral o carón dunha fórmula siamesa ou bipartita, que visto o visto nada bo trae a nosa terra se non é a parálise, a falta de iniciativa e o efectismo electoralista.
O ben certo é que a balance non pode ser mais ca negativa, só o feito do mais atroz revisionismo dos plans de actuación da anterior Xunta presidida polo Presidente Fraga foi obxectivo dun ano de goberno. ¿Proxectos? Ningún; ¿Promesas cumpridas? A liberalización da peaxe de Rande e A Barcala a costa de todos nos, e penso que pouco mais.
A Xunta discrimina as galegas e galegos co das peaxes, os datos están aí: se eu vou de Vigo a Pontevedra pola autoestrada directamente pago unha pasta 2,65 €, pero se eu desvíome a saída da Ponte de Rande a Cangas dou a volta na rotonda e volvo a entrar na autoestrada seguindo a Pontevedra o aforro é de 125 pesetas. ¿É incrible, o non é incrible?
Hoxe mesmo almorzamos con feito de que o tan demandado Xulgado do Mercantil para a cidade de Vigo non ten data, ¿a Xunta que está a facer para solucionar a problema?
A Alta Velocidade ferroviaria ven lenta, lenta, lenta, e o único que se lle ocorre o Vicepresidente da Xunta, ou presidente consorte, é dicir que a culpa é do goberno do PP. É incrible a falta de iniciativas, estar no goberno como sexa leva a non facer os deberes, menos mal que o goberno de Madrid como din eles é un goberno amigo, que se non. ¿Qué fai a Xunta para solucionalo? ¿Onde está o Plan Galicia? ¿Están de acordo ca Ministra do Caurel co cualificativo de P. G. de mier.....?
Prometeu Touriño trasladar a Consellería de Pesca a cidade de Vigo pero eiquí non a vemos por ningures, unha vez mais o PSG-PSOE tomounos o pelo as viguesas e vigueses. ¿Ou acaso foi un pouquiño mais de fume?
Onde están os plans de emprego xuvenil, onde están os plans de apoio a adquisición de vivenda, onde están os plans de apoio as industrias, ec, etc......
¿Qué está a afacer a Xunta dos PSG – BNG por nos? Nada, estanse a liar na resolución da mellor fórmula para a definición estatutaria da nosa terra, estanse a comportar como colexiais ocupándose de cousas que non preocupan os galegos por estar xa resoltas, toda vez que Galicia é tal e como a define a Constitución unha nacionalidade histórica, e están a olvidar os problemas reais de todos nos, facendo soamente propaganda, propaganda e mais propaganda, pero ¿onde están os feitos?

No hay comentarios: