martes, marzo 28, 2006

ARRIBISTAS EN VIGO=PSG-PSOE + BNG

Non sei canto tempo o levo dicindo, pero o final terán que darme a razón, e non por tola, se non porque a teño. Os da oposición no noso Concello, no de Vigo claro é, non e que sexan perniciosos para a nosa cidade, senón que nin son oposición ni nada, son uns arribistas incontrolados que o único que están a buscar e o seu rédito político e mais nada, os cidadáns importámoslles nada, a cidade impórtaslles nada, e nin sequera poden ser cualificados coma oposición. A oposición por riba de todo debe ter unha actitude constructiva coa cidade, e os membros do PSG-PSOE e mailo BNG non apoian a cidade, non buscan a súa mellora, senón que soamente están a oporse por oporse as propostas do goberno, e incluso no caso do PSG-PSOE opóndose a acordos coa Zona Franca que eles gobernan, ¡ten bemoles!.
Pero isto non quedará así porque, señores socialistas e bloqueiros, os cidadáns temos a tixola polo mango, temos o inmenso poder de no próximo ano facelos aínda mais oposición, e que vostedes nada decidan polo ben de Vigo e dos vigueses. Neste día da Reconquista do 2006 temos que ter clara unha cousa: non podemos contar co BNG e mailo PSG-PSOE, están fronte o desenrolo da cidade, están fronte a cidadanía, soamente buscan deixalo goberno da cidade nunha situación difícil, pero son das que pensan que con imaxinación e traballo non o van a conseguir. Os vigueses de todas as formas demandarémolo e pasaremoslles conta.

No hay comentarios: