viernes, marzo 24, 2006

D. ABEL E A VERDADERIA DESUNION DO PSG-PSOE


Dende eiquí gustaríame darlle as gracias o porto vigués polo seu interese no tema do que xa falaremos dabondo do proxecto de Área Metropolitana. O do sr. Abel Caballero e de óscar dos de Hollywood. Todos os días na tele, non se lle nota un ápice o que busca, e claro, o que busca o fin atopa, e para min en unha ledicia trae-lo club dos socialistas vigueses a un home nado preto de Vigo, na terra de Ponteareas, a engrosa-las listas dos anacos en que se encontra feito o PSG-PSOE na nosa cidade. Non é por seren recorrente pero o certo é que ao grupos do secretario xeral vigués que resulta e o home de palla do ex-alcalde González Príncipe, ao grupo do sr. Barros na comarca, ao grupo de Mauricio Ruíz e os insubmisos xudiciais no Concello, ao grupo dos seguidores fieis da Sra. Porteiro, agora temos que engadir un mais, o único o inigualable home de Pepiño Blanco, e agora presidente da Autoridade Portuaria (anque as veces pense que é outra cousa) D. Abel.
Só teño unha dubida sobre o azote do que se move, ¿ten fieis seguidores ou está mais so ca una? ¿Estaremos ante o novo Ventura? ¿Resistirá o socialismo vigués novamente a imposición dende fora, dende Madrid? Visto o visto o socialismo vigués parece unha colcha de esas de patchwork, si de esas de retais.

No hay comentarios: