miércoles, marzo 29, 2006

NON A DICTADURA DO GOBERNO DA XUNTA

Primeiro lanzan o globo sonda en forma de proposta do Conselleiro da Presidencia sobre o proxecto de Área Metropolitana para Vigo, logo pinchan o globo e din que retiran o proxecto do conselleiro coruñés, agora están a plantexar unha reforma, de calado din, da estructura territorial de Galicia que non se sabe en que consiste, o si tratarase novamente doutro globo sonda, o que non sería de estrañar.
E mentres o PP presenta algo constructivo coma é unha iniciativa de lei, cun proxecto que tiña o consenso das forzas políticas na Area Metropolitana (con concellos de todas as cores), que costo moito sacar adiante, e os do talante, os aerostáticos, nos deixan nin que se tome en consideración.
Os galegos imos bos, se xa non se considera a primeira forza política de Galicia que será dos pobres galegos da pé, , e mais se non se deixa que o Parlamento teña vida propia independente do Goberno.
Estamos asistindo as primeira manobras dunha clara dictadura, que buscalo silencio da oposición no Parlamento, que quere acadar o pensamento único, e claro está, esta forma de actuar coma sempre feita polos mesmos o PSG-PSOE e o BNG en comandita. ¡Vaia demócratas de pacotilla!

No hay comentarios: