sábado, marzo 11, 2006

AS PELEXAS DOS GOBERNOS SIAMESES


Eu, cada intre que pasa, alucino mais cos membros do PSG-PSOE e mailo BNG. Isto era anunciado, pasamos dun so goberno a dous, co que iso representa non soamente en gasto, que non é cuestión baladí, senón tamén, e é o mais importante, na descoordinación, no actuar partidista e partidario de cada un dos membros do goberno, e iso vai ser a tónica de toda a lexislatura porque non pensen que van defender os intereses dos galegos senón que van buscar o seu rédito nos procesos electorais nos que concorran.
Iso mesmo pode ser trasposto os concellos, e eu penso que a formula bipartita, o siamesa, nos gobernos, mais que traer beneficios trae, e non poucos, perxuicios, rifas e desgoberno. Na nosa cidade, Vigo, témolo claro a xestión municipal paralizouse mentras estiveron a gobernar o bloque e mailo psoe, plantexaron un Plan Xeral gobernando eles e a seguinte lexislatura, na que estamos, xa a un deles non lle vale, e en todo é así, non se poñen de acordo porque cada un deles ten intereses contrapostos e iso fai imposible a convivencia.
Só temos una solución facilita-lo goberno da cidade permitindo o goberno en solitario dunha formación política que cando se lle deixou fixo razoablemente ben, que pensa no futuro, na persoa, na liberdade, no progreso e na reforma, e que é quen de pactar co bloque o PXOM e co PSG-PSoE os presupostos por non estar pechados a buscalo progreso da cidade, e o benestar dos vigueses e viguesas. Falo do PP claro é.

No hay comentarios: